Skip to main content
Taboada

Ramiro Moure, candidato popular a renovar na Alcaldía de Taboada, expuxo os seus obxectivos nos vindeiros catro anos

Por 25 Maio, 2023Sin comentarios

O Partido Popular de Taboada organizou un acto público no que o cabeza de lista, Ramiro Moure, estivo acompañado por Ethel Vázquez, quen trasladou o compromiso do Goberno galego para completar a mellora da avenida de Lugo.

O candidato, pola súa parte, puxo en valor que a entidade local non teña débeda froito da xestións dos últimos anos e sitúa o polígono industrial, a mellora de accesos e da conectividade, ademais da potenciación do turismo, como os obxectivos máis destacados a desenvolver nos próximos catro anos.

Tamén participaron no acto José Manuel Barreiro e Javier Vázquez Nodal. Barreiro, pola súa parte, sinalou que o proxecto do PP “é a única alternativa útil para este municipio”.