Skip to main content
Sarria

O Club Clásicos anuncia que a súa III Concentración de Vehículos Clásicos ‘Vila de Sarria’ terá lugar o vindeiro 4 de xuño

Por 11 Maio, 2023Maio 12th, 2023Sin comentarios

O vindeiro 4 de xuño terá lugar a III edición da Concentración de Vehículos Clásicos ‘Vila de Sarria’ en Sarria organizada polo Club Clásicos.

Aínda non están confirmados cantos coches van participar desta edición, pero na anterior de 2022 foron 130 os participantes, polo que este ano espérase que a afluencia participación sexa similar ou incluso mellor.

Na edición anterior, o evento comezou ás 09.30 horas no parque do Chanto coa recepción de vehículos e a primeira saída de automóbiles foi ás 10.45 horas, que fixo unha ruta turística por diferentes vilas da comarca sarriá, ata que ás 12.00 horas quedaron expostos todos os coches na Praza da Vila para que os asistentes puideran velos.

Ademais da exposición de coches clásicos, as persoas que asistiron a este evento puideron desfrutar de xogos, actividades de motos e amenización musical.