Skip to main content
O Páramo

As Feiras de Primavera do Páramo terán lugar os vindeiros 9, 10 e 11 de xuño

Por 17 Maio, 2023Sin comentarios

A XLV edición das Feiras de Primavera do Páramo terán lugar este ano o 9, 10 e 11 xuño no campo da feira, onde durante os tres días, as persoas que se acheguen poderán desfrutar de polbo, música, artesanía e exposicións de maquinaria agrícola.

O día 9 será cando se inaguren as grandes festas do Páramo ás 13.00 horas coa exposición de maquinaria para que os visitantes poidan botarlle un ollo e que irá seguida do tradicional pregón. Ao mediodía, as polbeiras estarán no campo da feira para ofrecer a comida típica desta Feira de Primavera.

O día 10 é o día grande das festas, durante o que grupos folclóricos e charangas actuarán durante todo o día, tanto na sesión vermú como na sesión verbena da tarde. Ademais, terá lugar o concurso de gando vacún, no que participarán varias explotacións agrarias da comarca, que teñen que inscribirse debido ao problema da lingua azul para ter controlado cada exemplar que se presenta. Ao final do día, terá lugar o desfile de gando e a entrega de premios.

Xa o 11 de xuño será a quenda dos cabalos, que serán os protagonistas da xornada. Estarán expostos diferentes exemplares de cabalos e terá lugar o concurso cabalar, que rematará coa entrega de premios e a actuación do Duende Ecuestre de Burgos.