Skip to main content
Sarria

A III Concentración de Vehículos Clásicos Vila de Sarria acollerá diferentes actividades o 4 de xuño

Por 24 Maio, 2023Maio 25th, 2023Sin comentarios

O vindeiro 28 de maio será o último día para inscribirse na III Concentración de Vehículos Clásicos “Vila de Sarria”, que acollerá diferentes actividades, entre as que destacan a exposición de vehículos antigos.

As persoas interesadas en participar terán que pagar 35 euros por persoa adulta e 15 euros por neno menor a dez anos e cada coche permitirá un máximo de cinco persoas por vehículo, aínda que poderá ser menos, segundo a capacidade.

Programa

O día 4 de xuño, comezará a xornada ás 9.00 horas coa recepción de vehículos e participantes no Chanto, onde se verificará a documentación e terá lugar a entrega de acreditacións e o café de benvida.

Xa ás 10.30 horas terá lugar a saída do primeiro vehículo para o inicio da ruta turística polas distintas localidades de Sarria, que rematará ás 12.30 horas coa chegada do primeiro vehículo ao parque pechado da Praza da Vila.

Ao mediodía, sobre as 14.00 horas terá lugar a sesión vermú na Sociedade La Unión, amenizado por The Lioness Treasure, nun evento aberto a todo o mundo. Despois da actuación, porase un aperitivo e comida no mesmo local e posteriormente realizaranse sorteos entre os participantes.

Pola tarde, ás 17.00 horas entregaranse os premios aos participantes da mañá e actuará de novo The Lioness Treasure ata o remate da xornada, sobre as 19.00 horas.