Skip to main content
Sarria

A asociación Ribela organiza un evento o 24 de xuño no que Carlos Gómez Rey presentará o seu proxecto 3SX3S0

Por 25 Maio, 2023Sin comentarios

Carlos Gómez Rey presentará o seu proxecto musical en solitario, 3SX3S0, no Casino de Sarria o vindeiro 24 de xuño.

Esta iniciativa, promovida pola Asociación Ribela, encargada do festival Ribela Love and Nature dos vindeiros 18 e 19 de agosto; terá lugar ás 21.00 horas e a entrada será gratuíta para todos os asistentes.

Así, será como unha festa de presentación do festival para “quentar motores”, como explican desde a organización.

Carlos Gómez Rey

Ademais de promover a fiesta de electrónica Bulla Barulla xunto a Marta Gilino (Russ) e Amara García, formou parte doutras agrupacións musicais como Trifulca, xunto a Guillermo Cavero (Yuraq Walla).

No seu novo directo de electrónica combina percusións dixitais e síntese por modelado físico cunha intención minimalista e unha cadencia progresiva orientada ao baile.