Skip to main content
O Páramo

O vindeiro 11 de xuño O Páramo acollerá o descenso en bicicleta DH Molinos

Por 27 Maio, 2023Maio 28th, 2023Sin comentarios

O descenso DH Molinos organizado polo club DHGalicia de Sarria e que acolle o campionato galego terá lugar o vindeiro 11 de xuño no Páramo e as persoas interesadas en apuntarse poderán facelo ata o vindeiro 8 de xuño.

O ano pasado tamén tivo lugar no Páramo e reuniu a 90 deportistas, que percorreron os montes do municipio en bicicleta durante dous días e cuxo gañador absoluto foi Iván Mourelo, do club organizador.

Este ano se prevén unha participación similar de deportistas e desde o club xa teñen moitas ganas deste evento, así como do Descenso Urbano de Sarria, que terá lugar en xullo.