Skip to main content
O Páramo

A obra ‘Mariposas negras’ será representada no Páramo o vindeiro 15 de xuño

Por 28 Maio, 2023Maio 29th, 2023Sin comentarios

O vindeiro 15 de xuño terá lugar na Casa do Concello do Páramo a representación dunha obra de teatro de Dinamia, o Teatro das Emocións.

A partir das 17.00 horas, esta obra de teatro social sobre a igualdade e a violencia de xénero acollerá ás persoas interesadas en presencialo, xa que a entrada é gratuíta.

Baixo o título de ‘Mariposas negras’, Miguel Fernández, creador da idea orixinal, e TatyanaGalán, autora do guión e da dirección, contarán unha historia sobre violencia de xénero.