Skip to main content
Sarria

CC.OO. convoca unha manifestación contra o ERE de Inelcom de Sarria para este martes

Por 29 Maio, 2023Xuño 1st, 2023Sin comentarios

A Federación de Servizos de CC.OO. convoca unha folga e unha manifestación contra o expediente de regulación de emprego (ERE) de Inelcom para o seu centro de traballo de Sarria e o de Xàtiva.

A manifestación terá lugar o martes, 30 de maio, ás 20.30 horas e partirá do centro de traballo para rematar na praza da Vila. A folga, pola súa parte, será toda a xornada do 1 de xuño e incluirá unha concentración ás 11.30 horas diante da empresa.

O comité de Inelcom apunta a que estas mobilizacións se consensuaron co persoal do centro de traballo de Xàtiva, co que tamén se solidarizan.

Tras sete reunións de negociación levadas a cabo pola parte social e empresa, as posicións seguen afastadas, explican desde o comité. A última oferta exposta pola empresa prevé o despedimento de 58 persoas, cunha indemnización de 24 días por ano traballado, “sendo dita oferta inasumible pola parte social”, argumentan.