Skip to main content
Comarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXA

Os titulares de explotacións gandeiras poderán optar ás axudas da Xunta para combater a rata toupa

Por 30 Maio, 2023Sin comentarios

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos gandeiros afectados polo incremento poboacional da rata toupa (arvícola Scherman) nos pasteiros das súas explotacións en determinados concellos da provincia de Lugo.

As axudas, que contarán cun orzamento de 600.000 euros, irán destinadas aos titulares de explotacións gandeiras situadas nos concellos das Nogais, Baleira, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Samos ou Triacastela.

Nesta liña, poderá ser subvencionable toda a superficie dos recintos declarados con uso de pasteiro na Solicitude Unificada de axudas da Política Agraria Común (PAC) da convocatoria de 2022, situadas na zona de afección pola rata toupa.

As parcelas para as que se presente solicitude e non figuren dentro da zona demarcada pola afección da rata toupa poderán ser obxecto de inspección por parte do persoal do Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo. Se se considera que existe un dano evidente producido pola rata toupa, poderán ser incluídas dentro das parcelas subvencionadas.

O importe de axuda que se concederá a cada beneficiario será de 300 euros por hectárea e no caso de fraccións de superficie menores dunha hectárea a axuda será de 0,03 euros por metro cadrado. O prazo de solicitudes é dun mes a partir de hoxe, día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).