Skip to main content
Deportes SARRIAXAO Incio

O Incio Terra Brava CF ascende a segunda autonómica despois do encontro co SD O Páramo

Por 8 Maio, 2023Maio 9th, 2023Sin comentarios

O equipo do Incio Terra Brava CF conseguiu o ascenso a segunda autonómica despois de enfrontarse na fase final e eliminatoria dos play off de ascenso contra o SD O Páramo, co que quedou empatado no partido de ida.

Así, neste encontro, que tivo lugar no campo municipal Carboeiro, do Incio, os xogadores Marcos Vila e Eduardo marcaron un gol cada un na segunda parte, dando a vitoria ao Incio, que tamén soubo dixerir un gol de Hugo Gallego, xogador do SD O Páramo durante a primeira parte.

O equipo, adestrado por Jonathan Lombardía, conseguiu así a súa vitoria diante dunha afeccións que defendeu aos seus xogadores con pancartas de apoio.