Skip to main content
O Incio

Os plásticos agrícolas das explotacións gandeiras do Incio serán recollidos esta semana

O Concello do Incio anuncia que vai realizar unha recollida de plásticos agrícolas esta semana, polo que todos os veciños que teñan plásticos almacenados na casa, deberán depositalos nos puntos de recollida existentes.

Desde a entidade local avisan de que só recollerán plásticos de silo ou invernadoiro e deberán ir atados ou en fardos. Por isto, non se poderán levar restos de leña, herba, garrafas de plástico, pneumáticos nin residuos voluminosos.

Por outra parte, segue aberta a posibilidade de facer estas recollidas de plásticos agrícolas dentro das explotacións, polo que os interesados deberán poñerse en contacto co Concello chamando ao 982 427 014 para organizarse.