Skip to main content
O Incio

O artista Rubén Paz, coñecido como Trece Trazos, deseñou un mural para o CEIP do Incio

Por 26 Maio, 2023Maio 27th, 2023Sin comentarios

O pavillón do CEIP Ricardo Gasset do Incio foi decorado cun mural do artista Rubén Paz, máis coñecido pola súa marca Trece Trazos.

Este novo mural, financiado pola área de Cultura da Deputación de Lugo e o Concello do Incio, é un proxecto da ANPA do colexio para darlle valor aos escritores vencellados ao Incio. Así, pódese ver neste mural un poema de Ánxel Fole e outro de Marica Campo.

O proxecto terá continuidade con outras actuacións similares coas que se busca que os nenos e nenas coñezan aos escritores da zona na que viven.