Skip to main content
O Incio

Héctor Corujo, alcalde do Incio, defende que o encoro de Vilasouto “ten enormes potencialidades”

Por 27 Maio, 2023Maio 29th, 2023Sin comentarios

Héctor Corujo, alcalde do Incio, visitou a zona do encoro de Vilasouto acompañado polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, para analizar as posibilidades turísticas da zona.

O rexedor aproveitou a visita do vicepresidente ás instalacións de Magnesitas de Rubián para trasladarlle a potencialidade do encoro de Vilasouto e ver posibles vías de comunicación coa administración autonómica.

Héctor Corujo recordoulle ao conselleiro que o embalse de Vilasouto é navegable con embarcacións sen motor, o que aumenta as posibilidades de ocio e deportivas do espazo e actualmente existe algunha iniciativa de aproveitamento do encoro a través de canoas.

A maiores, o alcalde considera que toda a zona que rodea o embalse ten “enormes posibilidades”, polo que lle agradece a Francisco Conde o interese amosado na súa visita que, agarda, “moi cedo” poida traducirse en liñas de colaboración entre o Goberno local e a Xunta.