Skip to main content
LáncaraO Páramo

O Páramo e Láncara contarán cunha unidade móbil de ADOS o vindeiro xoves

Por 2 Maio, 2023Maio 3rd, 2023Sin comentarios

O vindeiro xoves, 4 de maio, estará a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue no Páramo e en Láncara.

Así, a unidade móbil desprazarase ata o campo da feira do Páramo de 16.00 a 17.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas estará no cruce da estación da Pobra de San Xiao.

Desde ADOS animan a todas as persoas a doar sangue, xa que é necesario para “mellorar a vida doutras persoas”.

Aínda así, sosteñen que hai unhas normas: ter máis de 18 anos, pesar máis de 50 quilos e esperar dúas horas despois de comer para doar sangue.