Skip to main content
Láncara

O PSOE quere sumar en Láncara

Por 12 Maio, 2023Maio 13th, 2023Sin comentarios

Láncara acolle tres partidos con moitas ganas por conseguir o mazo gobernante no municipio.

Darío Piñeiro leva sendo alcalde desde a lexislatura 2007 arroupado polo PSOE, que lle dá de novo a confianza para presentarse como cabeza de lista xunto con outras dez persoas que lle axudarán a renovar o seu mandato. Pola súa parte, Olga Capón, filla do histórico rexedor da localidade, Eladio Capón, presentarase por primeira vez como alcaldable. Iago Bande preséntase por terceira vez ás eleccións co BNG, sendo a súa primeira vez no 2014.

PSOE. Darío Piñeiro será o alcaldable e aspira a ampliar a maioría acadada hai catro anos, contando “cun equipo consolidado e con experiencia de xestión que reforzará a súa candidatura e que irá dando a coñecer nas vindeiras semanas”, explicou Piñeiro. Entre os seus obxectivos, subliñou, está “darlle continuidade aos importantes proxectos que están en marcha é que están a cambiar radicalmente a imaxe do noso concello”.

Por outra parte, argumentou que o rural será un dos eixos fundamentais para os próximos catro anos: “Imos volcarnos cunha aposta moi forte polo rural. Eu tiña esperanzas de que a Xunta se preocupara por iso, pero non fixeron nada, así que será a miña prioridade. Quero que a xente do rural teña servizos públicos de calidade e verdadeiras oportunidades para quedar a vivir no rural”, sentenciou.

Tamén fixo fincapé no seu compromiso por mellorar e incrementar os servizos públicos, así como apoiar aos sectores produtivos e a dinamización do ocio e da cultura, “factores esenciais para fixar poboación”, dixo.

BNG. Iago Bande Cortizo foi elixido por unanimidade pola asemblea local. É o actual voceiro e concelleiro do grupo en Láncara, e volverase presentar “para que Láncara avance, desde a transparencia, a participación veciñal, a boa xestión e as ideas claras nun proxecto que emocione á veciñanza”, defendeu.

Así, sostivo que “o BNG dará o impulso que precisa Láncara para abrir un tempo novo con firmeza e ilusión” e subliñou que “saímos a por todas para dar pasos adiante na mellora da vida da veciñanza, é o momento de sumar co BNG e desenvolver un proxecto de futuro”.

PP. Olga Capón, candidata do Partido Popular defende que “ademais de ser persoas moi implicadas as da miña lista dende o primeiro día, representan a cada unha das mesas electorais do municipio”, xa que foi unha aposta persoal da candidata por “formar un equipo de xente de varias parroquias de forma que abarcamos todo o territorio do noso concello”. Desde o partido explican que o proxecto do PP en Láncara conta cun “equipo de persoas traballadoras, que aportan coñecementos e experiencia en distintos sectores, totalmente implicadas e con moita ilusión por mellorar o noso concello. De feito, levamos semanas traballando unidos e a disposición de tódolos veciños para que Láncara progrese”.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PSOE

1. Darío Piñeiro López
2. Pablo Rivera Capón
3. José Manuel García Aldegunde
4. Emilia Fernández Seijo
5. Miguel Rodríguez Abad
6. Diego Balboa Amado
7. Alba María Sangil De Andrés
8. Juan José Díaz Gómez
9. Alba Roda Sangil
10. Jesús Pardo Somoza
11. Luis Bande Fernández
Suplentes:
1. Emma Díaz Marón
2. José Luis López González
3. Clara Marón López
4. María Rosario León Sánchez
5. Diana Freiría Troncoso
6. Julio Sobrado Carreiras
7. Miguel Palacios De La Iglesia
8. José López Iglesias
9. Diego Bande López
10. Alberto Valín Fernández

PP

1. Olga Capón Moreno
2. Marcos Míguez Martínez
3. Luis Miguel Losada Matos
4. Susana Ungría Toirán
5. José Antonio Somoza Fernandez
6. Manuel Neira Martínez
7. Oscar José Iglesias Sangil
8. José Luis López Armada
9. Patricia López García
10. Carlos López Diaz
11. Melanie Rivera Fariñas
Suplentes:
1. José Luis Vila Diaz
2. María Lorena Vázquez Tallón
3. Susana Capon Mera
4. Oscar Pérez Diaz
5. Manuel Capón Amado
6. Margarita Iglesias Ventosinos

BNG

1. Iago Bande Cortizo
2. Miguel Fernández Arrojo
3. Pablo Ungría Toirán
4. Lucía Gundián López
5. Tamara Salgado López
6. Sandra López López
7. Manuel Camiña García
8. Carlos Ferreiro Cruz
9. Eduardo Folgueiras Folgueiras
10. José López Díaz
11. Carlos Santiago López Sierra
Suplentes:
1. Javier López Fernández
2. Javier Piñeiro Fernández
3. José Rivas Río