Skip to main content
Láncara

Lancaralendo Clubs de Lectura trae dous novos libros para ler neste mes de xuño

Por 26 Maio, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural Val de Láncara presenta os dous libros que se lerán no mes de xuño na súa iniciativa ‘Lancaralendo’, despois de que en maio os elixidos foran ‘Panza de burro’ e ‘Mariña’.

Así, primeiro clásico do Mirador dos libros, a iniciativa adulta, será ‘Madame Bovary’, de Gustave Flaubert, que se lerá en galego; mentres que no Val dos contos, iniciativa para público infantil, lerán ‘El pez de los deseos’, de Loek Koopmans.

Ademais, anuncian que este sábado, 27 de maio, celebrarase unha xuntanza do club de lectura, na que contarán coa presenza de Isabel Somoza, autora de ‘Mariña’, o libro que leron os nenos e nenas este mes.

Desde a Asociación Val de Láncara lembran que calquera persoa á que lle apeteza participar destes clubs de lectura, poderá facelo en calquera momento, tanto adultos como nenos. Estas actividades consisten en ler un libro e xuntarse ao remate da lectura na antiga escola para comentar temas ao redor dos libros.