Skip to main content
Paradela

Este venres terá lugar a presentación da candidatura do PSOE de Paradela

O Partido Socialista de Paradela presenta a súa candidatura ás eleccións municipais este venres, 5 de maio, a partir das 21.30 horas no restaurante Río Loyo.

Durante o evento, Iván Castro, candidato á Alcaldía, presentará a lista de persoas que o acompañan, que son persoas comprometidas co proxecto socialista na Concello de Paradela. Ademais de Castro, na lista está Sara Arias López, Kevin José Gayoso Vázquez, Verónica Rodríguez Rodríguez, Marcos Díaz Quiroga, Rubén López Fernández, Iria Rodríguez López, Manuel López López e Jorge González Castro.

O alcaldable, Iván Castro, denomina a este conxunto de persoas como “un equipo que mestura xuventude e experiencia, representando todas as zonas do municipui para alcanzar a Alcaldía”.