Skip to main content
Paradela

A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza unha excursión a Portugal o 20 de maio

Por 10 Maio, 2023Sin comentarios

A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza unha excursión a Portugal o vindeiro 20 de maio, actividade na que poden participar tanto socias e socios como veciños e outras persoas interesadas ao redor da comarca sarriá.

Esta iniciativa terá lugar durante un único día, polo que a hora de saída será ás 08.00 horas desde o Mercado Gandeiro de Paradela para poñer rumbo a Vilanova de Cerveira, onde desfrutarán da súa típica feira.

Á hora de comer, desprazaranse ata Valença, onde comerán o bacallau típico de Portugal, e logo irán cara a Ponte de Lima para observar as estatuas que adornan o casco antigo da cidade.

Para apuntarse, as persoas interesadas poderán facelo a través de teléfono, contactando con Mila no número 669 849 518, ata o 15 de maio. O custo desta actividade é de 35 euros para as socias e socios e de 40 euros para as persoas que non forman parte da asociación, incluíndo no prezo a viaxe en bus de ida e volta e a comida en Portugal.