Skip to main content
O Páramo

O PP do Páramo presentou a súa candidatura, composta por membros de Todo polo Páramo e o Partido Popular

O Partido Popular do Páramo presentou a súa candidatura para as vindeiras eleccións como “un equipo representativo das distintas parroquias do noso concello” que conta con “xente traballadora e nova”, defendeu o actual rexedor e alcaldable do PP, Jose Luís López.

O candidato apunta que a lista contempla “unha integración entre membros de Todo polo Páramo e do Partido Popular local co obxectivo de traballar entre todos para conseguir melloras para o municipio dende o goberno local”.

De feito, entre as iniciativas que a candidatura do PP recolle no seu programa electoral atópase a construción dunha residencia de maiores e centro de día, as xestións para construír un polígono industrial, mellorar o servizo de abastecemento de auga, conservar e mellorar as estradas municipais, afondar no aforro enerxético do alumeado público ou implantar o acceso a Internet con fibra en todo o municipio.

Así mesmo, os populares apostan por “implantar o programa Xantar na Casa, reforzar o Servizo de Axuda no Fogar, ofrecer servizos de fisioterapia e podoloxía, promover o servizo madrugadores para atender aos nenos e nenas antes da hora de inicio da xornada escolar, construír un parque infantil, continuar coas actividades extraescolares e de ocio, ofrecer clases de reforzo escolar, promover o uso da biblioteca e impulsar actividades culturais e rutas de sendeirismo”.

A candidatura está formada, ademais de polo candidato José Luís López, por Benjamín García Toirán, Verónica Arias López, Ana Castaño Doce, César Gay Chousa, Encarnación García López, María Luisa Fernández Fernández, José Manuel López López e Luis Díaz Rodríguez.