Skip to main content
O Páramo

José Luis López, actual rexedor e alcaldable do PP no Páramo, ten como obxectivo a construción dunha residencia de maiores

Por 15 Maio, 2023Sin comentarios

A conselleira Ángeles Vázquez estivo presente no mitin do candidato popular, José Luis López, á Alcaldía do Páramo, no que o alcaldable destacou como un obxectivo para o próximo mandato a consecución da residencia da terceira idade, para a que xa está feito o proxecto.

Outro dos obxectivos que se marca o aspirante popular é avanzar nas xestións para conseguir o polígono industrial que precisa o Páramo, un territorio estratexicamente situado, porque, entre outras cousas, está a solo 15 minutos da capital lucense.

En materia de servizos sociais, José Luis López deu a coñecer a súa intención de poñer en funcionamento o programa Xantar na Casa, co fin de que ningunha persoa maior do municipio que viva soa teña dificultades para cubrir as súas necesidades en canto a alimentación.

Da mesma maneira, o candidato popular quere implantar o servizo Madrugadores e anunciou que na súa folla de ruta figura a creación dun parque infantil no entorno do colexio público.

Pola súa parte, o coordinador xeral do PP da provincia de Lugo, José Manuel Balseiro, que tamén estivo no seu mitin, fixo fincapé en que “o PP vai recuperar esta alcaldía, cun equipo renovado, co actual alcalde, que fixo unha boa xestión”. Balseiro mostrou a disposición do PP a gobernar no Páramo: “Imos a por todas”.