Skip to main content
O Páramo

A parroquia de Saa, do Concello do Páramo, celebra as festas na honra da Virxe da Ascensión

Por 18 Maio, 2023Sin comentarios

Esta fin de semana celébrase no lugar de Paredes e Pico, na parroquia de Saa do Concello do Páramo, as festas na honra da Virxe da Ascensión.

Así, o sábado terá lugar a misa ás 13.00 horas que irá seguida da procesión na Capela de Santa Engracia. Despois, o grupo Punto clave actuará durante a sesión vermú e acompañará aos asistentes na festa e verbena da tarde.

Pola súa parte, o domingo 21 de maio comezará ás 13.30 horas coa misa maior e a procesión no Campo da Festa. A sesión vermú estará protagonizada por Tania Veiras que acompañará tamén a verbena da tarde.