Skip to main content
O Páramo

A praza de acceso ao centro social do Páramo conta cunha nova fonte ornamental

Por 19 Maio, 2023Sin comentarios

O Concello do Páramo vén de arranxar varias infraestruturas do municipio cos fondos da Deputación de Lugo, entre os que destacan os acondicionamentos e pavimentos de estradas, para a mellora da calidade de vida dos veciños.

Así, a obra máis relevante foi a instalación dunha fonte ornamental na praza de acceso ao centro social do Páramo, que incluiu a realización da soleiroa de formigón para o asentamento da fonte. Esta obra levouse a cabo por alumnado do Obradoiro de Emprego Ponte de Areas VI.

Con respecto ao acondicionamento e pavimentación de rúas, o Concello levou a cabo estas obras no Camiño de Novás e no acceso ao Agro. No primeiro punto, o vial de Novás é un acceso a leiras de labor que, antes das obras, estaba en moi mal estado e tiña un ancho insuficiente para o paso de maquinaria. Por isto, ensanchouse a rúa ata obter unha chaira de 4,50 metros mediante escavación e posterior saneo con material seleccionado con 40 cm de espesor, e a continuación pavimentouse cunha capa de 10 cm de espesor de saburra de canteira e 3,50 m de ancho.

Con respecto ao segundo caso, no acceso ao Agro realizouse un dobre tratamento superficial, previa corrección das deformacións existentes na chaira. Tamén se proxectou a limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas de escorrentía e evitar que produzan danos no pavimento do camiño.

Melloras en camiños

Con respecto a outras actuacións, o Concello do Páramo acondicionou e mellorou o camiño de Villeiriz a Guisande, que tiña un pavimento asfáltico deteriorado.

As actuacións consistiron na pavimentación cun dobre tratamento superficial, previa corrección das deformacións existentes na chaira, segundo medicións e orzamento. Tamén se proxectou a limpeza de cunetas e a construción de cuneta hormigonada entre os pk 0,090 e 0,145 para facilitar a circulación das augas de escorrentía e evitar que produzan danos no pavimento do camiño.

Pavimentacións

Por último, fixéronse dúas pavimentacións, unha no acceso ao núcleo de Vigo e outra no acceso ao núcleo de Lamacemón. No primeiro caso, realizouse un dobre tratamento superficial, previa corrección das deformacións existentes na chaira. Tamén se proxectou a limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas de escorrentía e evitar que produzan danos no pavimento do camiño.

Con respecto ao segundo, os accesos ao núcleo de Lamacemón desde a estrada provincial LU-P-2904 melloráronse ao extender unha capa de mesturaasfáltica en quente. Na marxe esquerda del tramo inicial afirmáronse sobreanchos existentes mediante a extensión e compactación dunha capa de zahorra artificial previa retirada do material inadecuado existente.

Para mellorar o drenaxe lonxitudinal do vial limpáronse as cunetas en toda sua lonxitude e renováronse e ampliáronse tubos de drenaxe. No ramal as actuaciones para a mellora do pavimento consistiron no extendido dunha capa de mezcla asfáltica en quente. Para mellorar o drenaxe lonxitudinal do vial procedeuse a limpeza de cunetas en toda a sua lonxitude.