Skip to main content
O Páramo

A casa do maior Esmorga Paramesa do Páramo acolleu a visita de Javier Arias e Antón Acevedo

Por 20 Maio, 2023Sin comentarios

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitaron as instalacións da casa do maior “Esmorga Paramesa” do Páramo, que xestiona Adriana Seijo González.

Segundo os representantes autonómicos, “as casas do maior promoven un envellecemento saudable e activo para os usuarios, son un recurso de conciliación para as familias, e impulsan a dinamización social na súa contorna”.

Así, durante a visita coñeceron aos usuarios e interesáronse polas actividades que desenvolven, moitas delas en colaboración co concello, o colexio ou establecementos da localidade; tamén realizan saídas e excursións. “A casa é un espazo onde os maiores socializan entre eles e interactúan coa comunidade”, afirmaron.

As casas do maior

As casas do maior ofertan un máximo de cinco prazas, gratuítas para os usuarios, e son un recurso de prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal.

O servizo comprende a atención diúrna específica das súas necesidades básicas de alimentación, hixiene e tempo libre, adaptándose ás necesidades de cada caso, nun ambiente e trato familiar co fin de evitar ou atrasar a institucionalización de persoas maiores e reducir o illamento social.

A Consellería de Política Social e Xuventude ten aberta a convocatoria de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior para os anos 2023 e 2024, e o prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro luns, día 22.