Skip to main content
Samos

Samos, a incógnita

Por 16 Maio, 2023Sin comentarios

Julio Gallego, actual rexedor, foi expulsado do PSOE de Samos despois de apoiar a candidatura do seu fillo ás eleccións polo Partido Popular

O PP contará con Miguel Gallego como cabeza da lista e estará arroupado, entre outras personalidades, polo seu pai, actual rexedor do municipio. Julio Gallego deuse de baixa do PSOE e anunciou que non concorrería nas eleccións con ningún partido político, explicando a súa vontade de abandonar a política. Así, tras o apoio ao seu fillo, foi expulsado oficialmente do PSOE, e presentouse a José Antonio García Jurjo, o actual tenente de alcalde, como candidato socialista ás eleccións. Pola súa parte, en Samos hai outros dous partidos que loitarán por conseguir o goberno local; o BNG, coa candidata María Jesús López López, e o Partido Galego, con José Antonio Real Vázquez.

PSOE. José Antonio García Jurjo, natural de Santalla de Lóuzara, compaxina a súa actividade profesional como graduado social, que exerce na localidade dende o ano 1991, co seu posto como tenente de alcalde no Concello. García Jurjo explicou que só entende a política como “unha vocación de servizo público” e que o seu principal compromiso é “escoitar a todos os veciños e veciñas para intentar resolver os seus problemas reais, e gobernar para todos”.

PP. O candidato é Miguel Gallego que ten claro que “imos defender o noso rural, a forma de vida dos gandeiros que manteñen en boas condicións o noso patrimonio natural” e que sofren as consecuencias das políticas impostas dende Madrid por “alguén que nunca unha vaca viu nin coñece para nada o sistema de vida da nosa Comunidade”.

O alcaldable popular sinalou que “somos xente nova pero seria, ilusionados e coñecedores da responsabilidade que conleva representar a un partido tan grande como é o PP. E estamos dispostos a traballar para conseguir a maioría e acadar a alcaldía de Samos” porque “unha mestura de partidos que non se poñan de acordo en nada, non podería facer nada bo polo pobo”.

BNG. María Xesús López é a candidata, candidata do BNG, declarou que a candidatura que lidera vai a por todas e que “estamos convencidas de que en Samos ten moito que gañar, con confianza e ambición de conseguir un concello máis xusto e desenvolvido”, concluíu.

CONTAMOS GALICIA. O candidato para estes comicios é José Antonio Real, que muda de nome a Compromiso por Galicia. Nas dúas anteriores eleccións conseguiu un concelleiro, o que espera manter en maio.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PSOE

1. José Antonio García Jurjo
2. José Manuel Campo López
3. Lucía Marón Sánchez
4. Juan Luis López Díaz
5. María Paz Cela Sangil
6. José Alberto López Alvaredo
7. Cristina Veiga Montero
8. José Manuel Pombo Rodríguez
9. Juan Carlos Montero Fernández
Suplentes:
1. Yolanda Campo Mao

BNG

1. María Jesús López López
2. José Manuel López Préstamo
3. Nagarí López López
4. Alberto Santín González
5. Ana María Cela Vázquez
6. Félix Pérez Osorio
7. Montserrat Gayoso García
8. Emilio López López
9. María Inés Vázquez Prado
Suplentes:
1. Manuel Celeiro Álvarez
2. Divina Veiga Ingerto
3. Jesús Santiago Pumarega González

PP

1. Miguel Gallego Saavedra
2. Martín Chaos Carballo
3. Marisol Orille Díaz
4. Martín López Quiroga
5. José Antonio Valiña Losada
6. Ana Arza García
7. Manuel Iglesias Rodríguez
8. David Jose López López
9. Julio Gallego Moure
Suplentes:
1. José Aira Rodríguez
2. Susana Fernández García
3. Senén Campo Veiga
4. José Expósito Chaos
5. Luis Miguel López Fernández
6. José Antonio Pereira Marón
7. Juan Antonio Rodríguez Castro

CONTAMOS GLG

1. José Antonio Real Vázquez
2. Manuel Sánchez Fernández
3. Oscar López González
4. Pablo Fernández Pérez
5. María Rodríguez Fernández
6. José Sánchez López
7. Jesús Vázquez López
8. José Luis Capón Villacorta
9. Saúl Sánchez Freire
Suplentes:
1. Iago Real López
2. Salomé Sánchez Freire