Skip to main content
Samos

O restaurante A Veiga de Samos acolleu a tradicional comida anual dos ex alumnos da escola unitaria

Por 16 Maio, 2023Sin comentarios

Os antigos alumnos da escola unitaria de Samos recuperaron a súa tradicional comida anual despois de ter que suspendela en 2020 por mor da pandemia.

Así, arredor de 25 persoas xuntáronse no gran comedor do restaurante A Veiga de Samos para pasar o mediodía e a tarde compartindo lembranzas, segredos e moitas risas, despois de non verse en moito tempo.

Xosé Real, candidato á Alcaldía de Samos polo Partido Galego, tamén participou neste evento e argumentou que o pasaron “moi ben, xa que viñeron compañeiros que viven en Valladolid, Asturias e outras partes de España”.

Argumenta, ademais, que están “contentos por recuperar a tradición e volver xuntarnos todos nunha xornada na que poñerse ao día de como lle vai a cada un dos compañeiros que compartimos aula de pequenos”.