Skip to main content
Sarria

Celébrase o sorteo da campaña da Día da Nai ‘Miña nai querida’ da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria

Por 10 Maio, 2023Maio 11th, 2023Sin comentarios

Hoxe, ás 13.00 horas, terá lugar o sorteo da campaña da Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU polo Día da Nai, ¡Miña nai querida!.

As oficinas da ACES acollerán esta entrega de premios á persoa que saia elixida no sorteo dunha campaña que empezou o 24 de abril e rematou o 7 de maio, Día da Nai. Durante estes días, todas as persoas que mercaron nos establecementos adheridos á asociación, terán a posibilidade de gañar unha estancia para dúas persoas nun balneario da provincia de Lugo en réxime de media pensión.

Esta iniciativa contou coa colaboración da Xunta de Galicia e ao acto, aberto ao público, asistirá o presidente do Centro Comercial Urbano de Sarria- ACES, Ricardo Arias.