Skip to main content
Sarria

Fátima García dará unha charla aberta ao público no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria

Por 21 Maio, 2023Maio 22nd, 2023Sin comentarios

A biblioteca escolar do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria coordina un encontro aberto a todo o público coa mestra e divulgadora de educación, Fátima García Doval, baixo o nome de ‘Ler conCiencia’.

O acto, que terá lugar o próximo luns 22 de maio ás 16.30 horas, ten coma obxectivo achegar a comunidade educativa ao propio proceso educativo do alumnado, buscando a colaboración e a participación das familias na vida escolar do centro.

Para este acto contarase coa presencia de Fátima García Doval, que impartirá unha charla-coloquio arredor da relación da lectura e a neurociencia xunto coa propia psicoloxía.

O contido da súa charla está enfocado a expoñer e explicar como estimular o hábito da lectura en calquera persoa a través das nocións da neurociencia e tamén a cuestionar mitos e prexuízos arredor da lectura.

O acto encádrase no programa da Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia “Lectura e Familias” e a poñente é unha experta acreditada no eido da innovación educativa e a accesibilidade educativa dos colectivos con dificultades de aprendizaxe.

Memory: 150.7969MB (7.36% of 2048MB)