Skip to main content
Sarria

Unha moto Guzzi Hispania 65 será o premio do sorteo que terá lugar na Concentración de Automóbiles Clásicos de Sarria

Por 28 Maio, 2023Maio 29th, 2023Sin comentarios

O Club Clásicos de Sarria anuncia cal vai ser a moto do sorteo que se celebrará durante a III Concentración de Automóbiles Clásicos Vila de Sarria, que terá lugar o vindeiro 4 de xuño.

Esta será unha moto Guzzi Hispania 65, unha moto clásica da época da posguerra en España, xa que foi moi típica nesa época, aínda que xurdiu en Italia xusto despois da Segunda Guerra Mundial, en 1946.

Así, as persoas interesadas en participar neste sorteo poderán inscribirse neste evento antes de domingo, día que pechan as inscricións.