Skip to main content
Triacastela

Dous partidos por un posto en Triacastela

Por 18 Maio, 2023Sin comentarios

Partido Popular e Partido Socialista volven competir polo goberno dun concello marcado pola peregrinaxe do Camiño Francés

Triacastela é este ano a sede da Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés, un fito que fará que tanto o PP como o PSOE compitan polo goberno deste concello tan importante para a peregrinaxe a Santiago. Desde 2011 Olga Iglesias vén ocupando o mando do goberno local e así o fará se volve gañar as vindeiras eleccións, mentres que Miguel Ángel Fernández, actualmente concelleiro e que xa exerceu o cargo de alcalde do municipio durante doce anos, esforzarase por demostrar que é a mellor opción para os veciños e propón a construción dun centro de Día, medidas de conciliación e servizos para fixar poboación.

PP. Olga Iglesias, alcaldesa de Triacastela volve ser a candidata ás vindeiras eleccións e, afronta este mes “con ganas e ilusión”. “Hai que vivir con ganas, ilusión e vocación porque queremos seguir traballando no pobo”, defende a candidata que, ademais, preside a Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés.

Así, di que en Triacastela trabállase e seguirase traballando en torno a tres eixos: o Camiño Francés, a política social e as infraestruturas e, que di “son boas e esperamos mellorar as traídas da auga dos núcleos do concello no vindeiro programa”, explica; “así como construír unha zona de solo industrial que está a piques de aprobarse”, sostivo.

Por último, fixo fincapé na importancia de “potenciar a educación” tanto no colexio de Triacastela, como na Casa Niño e nas tres Casas do Maior coas que conta o municipio.

PSOE. Miguel Ángel Fernández López é o candidato socialista, que xa foi rexedor deste concello e actualmente tamén é Concelleiro.

O candidato socialista marca como prioridades a construción dun Centro de Día, o saneamento nas parroquias e a mellora das vías de titularidade municipal, ademais de “poñer ao día as contas do Concello”.

“Queremos luz e taquígrafos sobre o orzamento municipal”, lembrando neste sentido “os graves defectos” detectados polo Consello de Contas. “Queremos fixar poboación e, para elo, temos que ofrecer máis e mellores servicios públicos, así como medidas para a conciliación ou incluso outros incentivos para as familias”.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PP

1. María Olga Iglesias Fontal
2. Bautista Arias Pombo
3. Oscar Fontal Caldeiro
4. Luis López Arias
5. José Manuel Gayo Fontal
6. Raquel Vilarín Diaz
7. Senen Fernandez Argiz
Suplentes:
1. Sara Ruiz Rubio
2. Laura López López
3. José Eduardo López Cordero
4. Luis López López
5. Manuel Pérez López

PSOE

1. Miguel Ángel Fernández López
2. Mónica Fernández Díaz
3. Óscar Lago Gancedo
4. Fernando Cela Castro
5. Yanira López Cela
6. Manuel Gayo Celeiro
7. José López López
Suplentes:
1. Carlos Gayo Tourón
2. Vítor Cela Vázquez