Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

Consulta os resultados das eleccións municipais 2023 nos concellos de Terra Chá

Por 29 Maio, 2023Xuño 2nd, 2023Sin comentarios

Co escrutinio completo, Vilalba queda pendente dun pacto xa que ningún dos partidos logrou a maioría absoluta. O PP sobe un o número de concelleiros pero o PSOE de Elba Veleiro perde en favor de Vilalba Aberta, que sobe 1 e do BNG que entra na Corporación. Nas Pontes, a ampla vantaxe que tiña o PSOE desaparece e queda con maioría absoluta xusta. O BNG gaña un concelleiro.

En Castro de Rei o PP mantense con Francisco Balado e gaña un concelleiro o BNG, que perde o PSOE. En Guitiriz, finalmente parece que Marisol Morandeira non perde a maioría absoluta xa que houbo un erro na comunicación dos resultados dunha mesa. Confirmado polo PSOE e polo BNG, faría que a alcaldesa sumase os 7 concelleiros e o BNG quedase con 2 e non 6/3 como din os datos do Ministerio, que non se correxirán ata a reunión da Xunta Electoral nuns días.

En Outeiro de Rei todo segue igual con maioría de José Pardo. En Cospeito gaña un concelleiro o PP de Armando Castosa e o BNG perde a representación. En Begonte o PP de José Ulla recupera un concelleiro, que perde o PSOE xa que o PP mantense. Jose María López Rancaño asegura por unha escasa marxe a Alcaldía de Abadín malia perder un concelleiro en favor do PSOE.

Na Pastoriza o PSOE de Primitivo Iglesias perdeu un concelleiro en favor do PP e queda en igualdade de condicións co BNG polo que xuntos poderían superar aos populares na loita pola Alcaldía.

En Muras mantense a situación dos anos anteriores cos votos repartidos entre PP e BNG e o PSOE cun concelleiro. Tamén estabilidade en Xermade con maioría socialista de Roberto García.

Francisco Fernández Montes queda fóra da Alcaldía de Rábade xa que o PP obtivo a maioría absoluta tras perder un concelleiro o grupo independente. En Pol poucos cambios, Lino Rodríguez perde un concelleiro en favor do PP pero ten maioría abrumadora para gobernar. En Meira tamén perde presenza o PSOE pero segue tendo a maioría absoluta.

A Riotorto volve o bipartidismo. Mantén os 6 concelleiros o PP de Clemente Iglesias e o BNG faise cos outros tres.

José Ángel Santos, en Friol, mantén unha abrumadora maioría co escrutinio sen terminar, a mesma que nas últimas eleccións, pero é o BNG o que ten a representación que perde o PSOE.

Concello Concelleiros totais Concelleiros maioría PSOE PP BNG Contamos Independientes Vilalba Aberta VOX
A Pastoriza 11 6 3 5 3
Abadín 11 6 5 6
As Pontes 13 7 7 2 4
Begonte 11 6 1 9 1
Castro de Rei 13 7 3 8 2 0
Cospeito 11 6 4 7 0
Friol 11 6 0 10 1
Guitiriz 13 7 6 4 3
Meira 9 5 5 3 0 1
Muras 7 4 1 3 3
Outeiro de Rei 13 7 1 9 3 0
Pol 9 5 6 2 1
Riotorto 9 5 0 6 3
Rábade 9 5 1 5 0 3
Vilalba 17 9 5 8 1 3
Xermade 9 5 5 4