Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAGuitiriz

O Guitiriz xa é equipo de Primeira Autonómica

Por 29 Maio, 2023Sin comentarios

O equipo sénior do club chairego de Guitiriz xa é de Primeira Autonómica tras unha fase agónica de ascenso nos play off.

O equipo branco tiña ansia de estar no máis alto do fútbol afeccionado e puido cantar vitoria este domingo no Suso Cruz.

Tras unha boa tempada, o Guitiriz clasificouse para os play off polo ascenso xa que o pase directo non puido ser. Así, comezou un proceso durísimo no que en dobre partido desfíxose en semifinais do Iberia nos penaltis xa que os dous duelos remataron en empate (0-0 e 1-1). Na final co Cospeito, o chairego no puido pasar tampouco do empate a cero na primeira sesión e na segunda, que pechou o marcador en 1-1, houbo que ir tamén á quenda de penaltis.

Moito sufrimento para o equipo de Guitiriz, que sufriu moito pero que finalmente puido celebrar o ascenso por todo o alto na súa casa.