Skip to main content
Comarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXALugo

O Correlingua terá lugar este xoves coa participación de 16 centros de ensino

Por 10 Maio, 2023Maio 11th, 2023Sin comentarios

Con Mekánika Rólling Band, gañadora do concurso Cantalingua, e con Fran Rei na presentación o Correlingua volve a Lugo a xuntar nunha carreira e nunha festa ao alumnado de 16 centros da provincia e da capital lucense.

A Festa da Lingua recupera os percorridos urbanos e a celebración dunha festa na que, ademais das actuacións, se lerá o manifesto deste ano a cargo do alumnado do IES Ánxel Fole.

A sesión que se desenvolverá este xoves, 11 de maio, a partir das 11.00 horas, arrancará coa saída da carreira desde a praza de Santa María, deixando para as 12.00 o inicio do concerto con Fran Rei e a Mekánika Rólling Band.

A mesma hora será o saúda da vicepresidenta da Deputación de Lugo e ás 12.15 horas a lectura do manifesto, antes da actuación de Mekánika Rólling Band.

Participan de Lugo os institutos Nosa Señora dos Ollos Grandes, Ánxel Fole, Lucus Augusti, Xoán Montes e Sanxillao ademais dos colexios de Casás e Fingoi no 2. Asistirán tamén os Xograr Afonso Gómez e IES Gregorio Fernández de Sarria, o de Becerreá, o Santiago Basanta Silva de Vilalba, o Plurilingüe de Lousada (Guntín), o CPI Luís Díaz Moreno de Baralla, o
CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño de Begonte, o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, o CPI de Cervantes e o CEIP das Nogais.