Skip to main content
Abadín

Abadín: O PSOE preséntase como a única alternativa ao liderado de Rancaño

Por 14 Maio, 2023Maio 15th, 2023Sin comentarios

O bipartidismo impera en Abadín desde 2019 e seguirá así catro anos máis xa que só dous partidos presentaron lista, PP e PSOE. Nelas, poucos cambios. O alcalde, un dos de máis traxectoria da democracia, José María López Rancaño, repite á fronte do PP aos seus 72 anos mentres que o PSOE volve estar liderado por Pablo Díaz, o actual voceiro do partido e líder da única oposición que ten. Rancaño, que mantivo sempre maioría absoluta, foi perdendo un concelleiro en cada convocatoria electoral e mantén a mesma Corporación que no ano 2007.

PARTIDO POPULAR

Corenta anos á fronte do Goberno local de Abadín non son suficientes para José María López Rancaño, que volve liderar a lista do PP, na que sempre estivo, para pedir o respaldo popular catro anos máis. Asegura estar listo para seguir. “Sentireime cómodo mentres sexa útil e mentres os veciños digan que sigo sendo útil”, asegura.

O seu proxecto estrela para a próxima lexislatura é a residencia de maiores, que quere instalar no antigo instituto. “Estamos a piques de asinar o convenio coa Consellería, que achegará un pouquiño máis do cincuenta por cento do custe total que está valorado en dous millóns de euros”, explica.

Tamén fundamenta o seu traballo á fronte do Concello no asfaltado de camiños e accesos. Afirma que o Concello está ben saneado e que está atento a traer empresas para Abadín “facilitándolle todo o que son permisos, impostos e demais, en especial da rama agraria”.

PSOE

O actual secretario xeral da Agrupación do PSdeG e voceiro municipal en Abadín, Pablo Díaz, será o candidato socialista porque “percibimos que a xente está moi cansa e moi cabreada da desatención política que vivimos na nosa vila”.

Díaz remarcou que “estamos diante dunha etapa crucial para conseguir que Abadín aproveite o tirón do Camiño para medrar e asentar poboación, así como impulsar e desenterrar outros proxectos vitais para a actividade económica, como son o parque empresarial e a construción dunha nova residencia. Temos que ser capaces entre todos de rematar con esta parálise e coas constantes decepcións políticas do PP na nosa vila”.

O bipartidismo impera en Abadín desde 2019 e seguirá así catro anos máis xa que só dous partidos presentaron lista, PP e PSOE

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PSOE

1. Pablo Díaz López
2. Miguel Ángel Martínez Neira
3. Sandra Otero Quende
4. Vanesa Otero Fernández
5. Luis Gómez Pérez
6. Estefanía Grandío Vizoso
7. Natalia Méndez Verdes
8. José Luis Rodríguez Vila
9. Alberto Rodríguez Folgueira
10. Bernardo Presno Fernández
11. Lucía Debasa Regueira
Suplentes
1. Eliseo Rodríguez Verdes
2. Andrés Grandío Rey
3. Carlos Andión Rivas
4. Jesús Fernando Vázquez Galdo
5. Elías Abelleira Gueimonde

PP

1. José María López Rancaño
2. Mª Begoña Gaute Verdes
3. Tania Rey Eimil
4. Judit Anido Vigo
5. Patricia Fraga Requeijo
6. José Ramón Ramil Verdes
7. Germán Ramil Souto
8. Bernardino Cendán Edrosa
9. Jesús Cendán Seijo
10. Gonzalo Hermida Mel
11. Alicia Rodríguez Rodríguez
Suplentes
1. Carlos Gaute Pérez
2. Manuel Paz Lozano
3. Edita Castiñeira Currás
4. Miguel Ángel Verdes Souto
5. Varalakshmi López Prado