Skip to main content
Abadín

Denuncian ao alcalde de Abadín por pedir o voto na xornada de reflexión

Por 27 Maio, 2023Maio 28th, 2023Sin comentarios

Veciños de Abadín e a propia candidatura socialista, tal e como esta indica, tiveron coñecemento e localizaron ó alcalde e candidato do Partido Popular, José María López Rancaño, pedindo o voto neste sábado, xornada de reflexión.

Por tales feitos, o candidato socialista á Alcaldía da localidade, Pablo Díaz, presentou esta mesma maña unha denuncia ante a Garda Civil e o partido trasladou á Xunta Electoral de Zona de Mondoñedo estes supostos, que van en contra da Lei que regula o proceso electoral.