Skip to main content
BegonteDeportes TERRACHÁXA

Organizan un torneo de fútbol sala biberón en Begonte

Por 16 Maio, 2023Sin comentarios

Este mércores os máis pequenos do Concello de Begonte FS terán unha xornada de convivencia cargada de partidos xunto a outros cinco clubs da contorna.

Trátase do Parrulo Ferrol FS, Club Ribeira Futbol Sala, SD Outeiro de Rei, Lago DVSport e  Troula Betanzos FS da categoría biberón, que se xuntarán no pavillón de Baamonde para facer un pequeno torneo.

Este arrancará ás 15.00 horas en dúas pistas e se prolongará ata as 20.00 horas coa entrega de metallas a todos os participantes.