Skip to main content
Cospeito

A Casa da Cultura de Muimenta acolle un obradoiro de alimentación saudable

O próximo venres 12 de maio a Casa da Cultura de Muimenta acolle un obradoiro de alimentación saudable a cargo de Ana Martinez Lorente que é Técnica do servizo de estilos de vida saudables e educación para a saúde da Consellería de Sanidade.

O obradoiro, organizado pola Asociación cultural Aquilino Iglesias Alvariño terá un horario de 16.30 a 20.30 co obxectivo de que as persoas asistentes adquiran coñecementos sobre alimentación para poder implantar na súa vida diaria e coñecer os beneficios dunha boa alimentación.

O programa contará con catro apartados, Tipos de alimentos, Papel dos hábitos alimentarios no crecemento e desenvolvemento, na saúde e na prevención de enfermidades, Recomendacións para unha alimentación saudable e Aprendendo a ler as etiquetas de nutrición.

As inscrición son gratuítas e poderanse realizar na Mercería Teresa ata o 10 de maio.