Skip to main content
Cospeito

A familia da Dario Xohán Cabana doa este sábado á biblioteca de Pino parte da biblioteca do autor

Por 19 Maio, 2023Sin comentarios

A biblioteca rural San Martiño de Pino acollerá este sábado, 20 de maio, o acto de doazón de exemplares da obra e da biblioteca de Darío Xohán Cabana.

“Este é o noso primeiro ano celebrando o Día das Letras Galegas e contamos para esta data tan significativa coa doazón de libros da obra e biblioteca persoal de Dario Xohán Cabana. Este acto non sería posible sen a súa familia, a cal amablemente nos achega estos exemplares, ademais contaremos con ela durante a xornada”, explican os responsables do acto, que o fixeron coincidir con esta celebración das escritas en galego.

O acto terá lugar ás 17.00 horas na propia biblioteca e será un acto aberto a toda a poboación. Entregaranse preto de 200 exemplares dos cales 60 son da propia autoría de Darío Xohán Cabana e o resto son obras de literatura galega.

A familia manifestou a súa intención de facer esta doazón xa que se trata dunha iniciativa diferente, moi do gusto do autor falecido.