Skip to main content
Cospeito

Esta fin de semana hai festas en San Martiño de Lamas

Por 25 Maio, 2023Sin comentarios

A parroquia San Martiño de Lamas, en Cospeito, celebra as súas festas na honra a San Antonio e San Martiño este sábado 27 e domingo 28.

As celebracións darán comezo o sábado ás 13.30 cunha misa con procesión e a continuación haberá un vermú a cargo da orquestra Escaparate.

A verbena da noite contará coas actuacións da orquestra Escaparate e do grupo Merengue.

O domingo a misa será tamén ás 13.30, con procesión, e para finalizas as celebracións haberá un sesión vermú a cargo de grupo Merengue.

Dende a organización informa que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.