Skip to main content
Cospeito

A asociación de San Martiño de Pino convoca un curso de platas medicinais

Por 28 Maio, 2023Sin comentarios

A asociación cultural de San Martiño de Pino organiza unha nova actividade da man de Asociación A Estruga Espazo Agroecolóxico, o curso Recoñecemento de plantas aromáticas e medicinais.

Trátase dunha xornada de 8 horas, que dará comezo ás 11.00 horas, na que aprenderán a identificar as principais plantas medicinais que se poden atopar na contorna, coñecer os seus usos, así coma as súas contraindicacións no caso de habelas, e saber cómo empregalas na práctica caseira mediante distintas técnicas de aplicación.

Ao tratarse dun curso con esta duración, no descanso da mañá haberá da comida para así poder retomar as últimas horas da tarde máis cedo. Os que desexen participar teñen que poñerse en contacto con calquera membro da directiva antes do 29 de maio.