Skip to main content

Xotramu convoca a XV edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta

Por 29 Maio, 2023Sin comentarios

Un ano máis, terá lugar a Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta, o próximo domingo 4 de xuño, a única festa en Galicia adicada aos xogos tradicionais que organiza Xotramu. A sesión comezará a partir das 16.0o horas, no campo da Igrexa Vella de Muimenta.

Haberá xogos tradicionais e populares, que é o eixe da celebración pero o programa contará tamén con música a cargo Charanga 555. Ademais, haberá teatro de títeres a cargo de Mircronina e outras actividades e actuacións como Oh-pera, de Circo Chosco e maxia e globoflexia co mago Ian Richard Hamilton.

Completarase a sesión coa celebración dun aberto de billarda, agasallos e moitos xogos.

A sesión abrirase coa presentación do libro Xogos tradicionais gallegos para tempos de recollida, elaborado durante o confinamento.

Esta terá lugar ás 16.00 horas no Museo Pedagóxico de Muimenta coa participación de Manuel Vázquez Couto, investigadora; Paco Veiga, da AGXPT, e Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación. A presentación estará dirixida por Irene Díaz, de Xotramu.