Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXAFriolFriol TERRACHÁXA

O PM Friol confirma o seu descenso a Primeira Nacional

O primeiro equipo do PM Friol confirmou o seu descenso de categoría para a próxima tempada a falta de catro xornadas por disputarse. Unha nova derrota ante o Español B (1-2 na Reigosa) condean ao equipo matematicamente ao seu regreso á Primeira Nacional tras un ano nesta categoría.

Neste encontro o conxunto lucense non dependía de si mesmo para seguir con opcións de salvarse. O Interrías debía perder e o Friol debía sumar os tres puntos para que aínda houbese unha remota opción de salvación. Ao empatar o Interrías o seu encontro, o Friol converteuse en equipo de Primeira Nacional de forma matemática.

O encontro estivo igualado e puido caer para calquera dos dous lados, pero foi no últimos quince minutos nos que o Espanyol logrou ser efectivo e levar o partido.

Con este resultado consúmase o descenso do Friol, que levaba moitas xornadas sen apenas opcións de salvación. Tras unha tempada moi complicada na que estiveron instaladas na zona baixa da táboa, o conxunto lucense afrontará as tres últimas xornadas na categoría coa intención de terminar esta tempada con sensacións positivas.

O constante movemento de entradas no persoal fixo que o equipo necesitase un tempo de adaptación continuo, o cal complicou moito as cousas e puido ser un dos motivos que condicionou o devir da tempada. A mala sorte tamén foi outro factor importante, moitos foron os partidos nos que o Friol terminou perdendo tras competir moi ben e merecer sumar.

O PM Friol levaba un ano na categoría, xa que foi o ano pasado cando logrou o ascenso á que antes era a Terceira División do fútbol feminino. O club mantén un segundo equipo na Segunda División Autonómica, que se atopa en postos de ascenso a Primeira.