Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

A parroquia friolense de Trasmonte estará de festas a vindeira fin de semana

Por 21 Maio, 2023Sin comentarios

Os días 26, 27 e 28 de maio a parroquia de Trasmonte, en Friol, celebra as súas festas parroquiais na honra á Virxe dos Milagres.

Tras xornadas cheas de música nas que os veciños poderán desfrutar do grupo Beartriz e o dj David Expósito na xornada do venres, na que haberá tamén unha churrascada popular a partir das 21.30 horas.

Tamén estará amenizando estas festas a orquestra Galaxia e Fania Blanco Show na noite do sábado, a primeira tamén se ocupará da sesión vermú, que se celebrará despois da misa, que dará comezo ás 13.30 horas.

O dúo Eclipse será o encargado de finalizar as festas desta parroquia de Friol en dobre seión vermú e verbena. Tamén haberá pasarrúas a cargo do grupo Son de Aldea e misa e procesión.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.