Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Comezan as obras na estrada de Friol a Palas que fan necesario o desvío do tráfico

Por 23 Maio, 2023Sin comentarios

Comezaron as obras de estendido do firme na estrada LU-231 en Friol, que fan necesario o desvío do tráfico.

Nos vindeiros días executaranse os traballos de aglomerado entre os puntos quilométricos 5+850 e 9+400 a ancho completo con dúas máquinas estendedoras.

Para realizar estas tarefas será necesario o desvío do tráfico a partir de hoxe e ata o día 2 de xuño, permitindo o acceso a residentes e propietarios de negocios ou fincas. O autobús escolar realizará un itinerario alternativo, que foi xa coordinado co Concello de Friol.

Cabe precisar que este corte de tráfico se levantará na fin de semana, polo que o sábado 27 e o domingo 28 permitirase a circulación por este treito.

Ademais destas actuacións, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 0+000 e o 5+850 seguirase traballando na ampliación da plataforma, estando previsto comezar as obras de aglomerado a finais do mes de xuño para rematalas en xullo.

Estas intervencións acométense no marco do proxecto de adaptación e mellora da estrada Friol-A Baiuca (LU-231), que nunha primeira fase comprende o tramo entre Friol e Palas de Rei e supón un investimento autonómico de 3 millóns de euros.