Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol: Un bastión do PP máis forte

Por 30 Maio, 2023Xuño 2nd, 2023Sin comentarios

José Ángel Santos convértese nun dos alcaldes con máis respaldo popular de Galicia, xa que obtivo o 83,7% dos votos. A praza restante será para o PSOE.

CONCELLEIROS ELECTOS

◆ Jose Ángel Santos Sánchez (PP)
◆ María Ángeles Buján Burgo (PP)
◆ Enrique Barreiro Sánchez (PP)
◆ Jesús Julio Cortiña López (PP)
◆ Nuria Vázquez Argerey (PP)
◆ Felipe Barata Villapol (PP)
◆ Juan Carlos Casal Pena (PP)
◆ María Ángeles P. López López (PP)
◆ Juan Ramón Varela López (PP)
◆ Nerea Campo Fariñas (PP)
◆ Ana María Pardo Lorenzo (PSOE)

José Ángel Santos volveu arrasar nas urnas un ano máis e obtivo 10 dos 11 concelleiros da Corporación, unha maioría consistente que amosa o gran respaldo popular que ten o alcalde, que inicia este ano a súa terceira lexislatura.

Na oposición, finalmente será o PSOE o que se leve o asento restante, que nun principio na primeira rolda de votacións atribuiuse ao BNG coa súa novísima Ada Blanco á fronte, unha das candidatas máis novas de Galicia.

Continúa polo tanto o PSOE na corporación, da man de Ana María Pardo, que se presentou por primeira vez este ano.
O alcalde en funcións repite resultados con respecto ao ano anterior pero durante os primeiros minutos estivo coa totalidade dos asentos no seu haber. Finalmente quedaría co 83,70% dos votos nunha xornada con pouca abstención, que estivo preto do 15%.

A pelexa estivo no concelleiro que quedaba. PSOE e BNG tiveron unha ampla disputa polo mesmo que ao final quedou solventada por unha diferenza de 12 votos. Foi o grupo socialista o que se levou o último asento deixando de novo fóra da corporación ao BNG, que non obtén representación desde 2011.

A continuidade do equipo de Goberno do PP está polo tanto garantida, partido que se mantén no poder desde 1991.

O actual alcalde de Friol, José Ángel Santos, nado nesta localidade no ano 1980 e veciño da parroquia de Nodar, é técnico capataz agrícola, gandeiro de profesión e titular dunha explotación de produción de leite. “Prometemos unha xestión na mesma liña do que estamos a facer nos últimos anos, pois vemos que está a dar bos resultados para o noso pobo”, dixo.

A candidata socialista quere traballar “para que os nosos fillos se queden aquí e iso ten que facerse tendo todas as comodidades a vantaxes en transportes, en comunicacións”.