Skip to main content
Guitiriz

O BNG de Guitiriz presentou a súa candidatura ao completo

O Bloque Nacionalista Galego en Guitiriz deu a coñecer a súa candidatura nun acto público na Casa Habaneira de Guitiriz, o que contou coas intervencións da candidata do BNG á alcaldía de Guitiriz, Mónica Roca Ares, o número dous da candidatura, Afonso Losada e a deputada por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil.

Mónica Roca deu conta das 16 persoas que integran a candidatura nacionalista, no que subliñou “esta equipa de persoas non lle colle no corpo a ilusión, o talento e a capacidade para desenvolver un proxecto emocionante para Guitiriz, e estou convencida que o BNG será o impulso que necesita Guitiriz para avanzar” e recalcou “este 28 de maio saímos a por todas para producir un xiro en positivo que a veciñanza merece”

De igual modo, a candidata nacionalista destacou “contamos cun proxecto ambicioso pero asentado baixo un eixo fundamental para o BNG, as persoas, por isto, sempre temos en conta que para xerar máis dinamismo e futuro, é preciso garantir uns servizos públicos de calidade e ampliar o benestar da veciñanza, este é o camiño que queremos percorrer e esta será a base do seguinte goberno municipal liderado polo BNG”

Ademais, Mónica Roca salientou que a candidatura do BNG “é a única alternativa política rigorosa e capaz de desenvolver un traballo positivo para Guitiriz, con propostas e solucións que farán sentir á veciñanza máis orgullo ser de Guitiriz”, concluíu.

Candidatura do BNG en Guitiriz:

  1. Mónica Roca Ares
  2. Afonso Losada Rodríguez
  3. José Luís González Souto
  4. Luís Víctor Corbelle Sanromán
  5. Andrea García Miragaya
  6. María Pérez Ferreiro
  7. Jesús Javier Varela Quintas
  8. Noemí Romero Costa
  9. Josefa Paz Castro
  10. Roberto Antón Sanmariña Amenedo
  11. Ana Rosende Fernández
  12. Xurxo López Calvo
  13. Andrés Antón Pérez García

Suplentes

  • María Beatriz Ferreiro Tallón
  • Sabela Valiño Sánchez
  • Manuel Xesús Figueira Mancebo