Skip to main content
Guitiriz

Convocada para o día 17 unha marcha BTT en Guitiriz en memoria de Pablo García

Por 11 Maio, 2023Sin comentarios

O club de btteiros Cova da Serpe organiza o vindeiro mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, unha marcha en memoria de Pablo García, membro do club.

A marcha consistirá en rodear pola contorna do pantano de San Xoán e ao finalizar a ruta haberá comida no restaurante La Casilla.

A sesión dará comezo ás 10:00 horas desde a praza do Campo da Feira de Guitiriz. Será un percorrido de 32 quilómetros que contará cun avituallamiento ó longo do percorrido. Terán tamén lavado de bicis no Campo da Feira e duchas no pavillón Jonathan Carro Paz.

O prezo da inscrición é de 20 euros con comida incluída e sen comida será de 5 euros. O prazo de inscrición está aberto ata o 14 de maio, domingo.