Skip to main content
Guitiriz

Xermolos volve celebrar este domingo a Festa da Fala

Por 20 Maio, 2023Maio 21st, 2023Sin comentarios

A tradicional romería de San Alberte de Guitiriz, tamén coñecida como Festa da Fala, será este domingo 21 na contorna da Capela do San Alberte, organizada por Xermolos e a comunidade de montes de Sambreixo e Grupo Porto.

A capela acollerá a súa tradicional misa ás 10:00, coa procesión do Santo Alberte, celebracións relixiosas que se prolongarán durante todo o día. Ás 10.00 tamén sairá a camiñata dende a praza de Guitiriz pola Ruta da Auga ata o CIT de Parga, con hora prevista de chegada ás 12.00 horas, para continuar ata a Capela.

Os asistentes están a recuperar a tradición de achegarse á romaría andando, en bicicleta ou acabalo, e por suposto a traer a morrala para merendar.

A sesión vermú dará comezo ás 14:30 e está prevista a actuación de Xermolos Canta e Bloquinho de Xermolos. Tamén haberá degustación de liscos e chourizos ao mediodía.

Pola tarde, a partir das 17.00 horas está prevista a celebración dos maios e unha charla de Alfonso Blanco, que falará de Fernández del Riego e Xermolos. Ademais, haberá actuacións de música a cargo da Escola de Música de Xermolos, dos grupos de iniciación, pandeireta e canto e do de gaitas e baile.

Durante todo o día haberá unha feira con artesáns de todos os tipos e rematarán cunha foliada libre.