Skip to main content
Guitiriz

Parga acolle este sábado unha sesión vermú roqueira previa ao festival

Por 29 Maio, 2023Xuño 15th, 2023Sin comentarios

Parga acolle este sábado, 3 de xuño, unha sesión vermú diferente, na que o rock será o gran protagonista organizada como un adianto do Parga Festival Rock.

Así, a partir das 14.00 horas, Máxica actuará nun día de festa previa ao gran festival cunha sesión vermú moi diferente ao carón da escola vella na que haberá comida e bebida a prezos populares. Ademais, farase a presentación do merchandising oficial deste ano.

Ademais, durante o día haberá karaoke rockeiro, DJ´s e moita festa durante a tardiña ata que preto da noite encenderanse os focos do escenario para a actuación de Meu.