Skip to main content
Meira

Representación da obra ‘Dúo Vaguedades’ organizado por Eme de Meira

Por 25 Maio, 2023Sin comentarios

Organizado pola asociación Eme de Meira, este sábado terá lugar a representación da obra Dúo Vaguedades, a cargo de Isabel Risco e Fran Rei, que interpretan a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.

A representación terá lugar na casa da cultural o sábado 27 ás 21.00 horas.

Como di a crítica “pouca xente sabe que Rosalía de Castro e Eduardo Pondal formaron un dúo musical, o Dúo Vaguedades, que alcanzou un gran éxito nas festas, foliadas e romarías do país. Ata hoxe, non existían rexistros desta actividade, pero o achado dunhas gravacións e videoclips inéditos sacan por fin á luz este fito imprescindible da nosa cultura”.