Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Outeiro de Rei celebra o venres a Festa dos Nenos

Por 30 Maio, 2023Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei organiza para o vindeiro venres día 2 de xuño a XXIII Festa dos Nenos, na que pequenos e rapaces poderán gozar de diferentes inchables, kars e tobogáns  de forma gratuíta en horario de 16:30 horas  ata as 19:00 horas.

Como remate final, haberá a tradicional  festa da escuma, para a que se lembra a conveniencia de vir preparados para a molladura.

Se o tempo acompaña, terá lugar na Praza da Vila e en caso de choiva, trasladarase ao pavillón municipal e o pavillón do Colexio Público Laverde Ruiz.